FANDOM


Queridos Brigadistas, usuarios de Wikia e outros visitantes,

Este blog é a explicación e o inicio dun debate comunitario sobre a adición posible dun novo grupo de usuarios ao que chamaremos “moderadores”. Ademais dun voto na enquisa a continuación, os comentarios serán moi apreciados. Sénteche libre de expresar que opinas sobre isto; se paréceche unha boa/mala idea, así como se paréceche útil/inútil.

Nota: as traducións destes blogs poden engadirse a partir do próximo mércores (13 de febreiro). Pódese votar e comentar a partir da próxima semana (16 de febreiro).

Por que? Edit

Por que requirimos dun grupo de usuarios adicional? A pesar de que somos un pequeno wiki con só talvez varias ducias de artigos, necesitamos de usuarios que dean mantemento en tantos idiomas como sexa posible. Temos páxinas en máis de 26 idiomas, cun potencial para pronto alcanzar máis de 35, xa que temos membros na WLB con que dominan diversas linguas. Gustaríanos mellorar o noso soporte, dando solución rápida ao spam e vandalismo en todos os idiomas.

Igualmente, Jr Mime e eu non podemos falar todos os idiomas no noso wiki, e aquí non podemos ter máis de 20 administradores nunha comunidade duns 300 artigos. Un grupo de usuarios adicional similar ao de administradores en canto ás capacidades que tería, polo menos para min, é unha boa solución.

Cal sería o nome? Edit

Eu suxiro que este grupo se chame “moderadores”. Similar aos “moderadores do chat” e “moderadores do foro”, as persoas neste grupo de usuarios poderían moderar o wiki: o chat, mensaxes/comentarios e portais de linguaxe.

Lista de permisos Edit

Os puntos na seguinte lista son os permisos que, considero, deberían ter os usuarios neste grupo de usuarios:

  • Algúns dos permisos neste wiki:
    • Borrar comentarios, mesajes nos muros, fíos nos foros → para poder borrar o spam no(s) seu(s) idioma(s).
    • Mover ficheiros → para corrixir nomes erróneos de bandeiras, …
    • Que as súas edicións se marquen automaticamente como patrulladas.
    • Editar blogs → para engadir traducións dos blogs despois de ser revisados.
    • Editar páxinas MediaWiki → para engadir/actualizar as mensaxes mediawiki a i18n en todos os artigos.
  • Permisos de moderador do chat
  • Todos os permisos dun administrador (borrar/restaurar, protexer/desproteger, …) nos espazos de nomes “Portal:” e “Portal talk:” (discusión do portal).

Votando Edit

Se estás en contra dalgún dos permisos ou crees que requiren algún máis, por favor, indícanolo nos comentarios. Na enquisa, as seguintes opcións están dispoñibles:

  1. Útil e xenial; realmente necesario.
  2. Xenial para terse, pero non moi útil.
  3. Realmente non o requirimos.
Community content is available under CC-BY-SA unless otherwise noted.