Language Brigade Wiki
Advertisement

Visitaches a categoría de brigadistas pero non atopas o teu idioma? Entón viñeches á páxina correcta. Aquí explicarémosche como solicitar ou crear unha nova páxina de brigadistas, se o teu idioma non ten aínda a súa propia páxina.

Solicitar ou crear[]

  • Solicitude: solicitar unha páxina de brigadistas é bastante fácil. Só tes que facer algunhas traducións e logo esperar a que sexa creada a páxina. Isto pode tomar máis tempo que se a creares ti mesmo, pero se non entendes moi ben a codificación, esta é sen dúbida a decisión cómoda e conveniente para facer.
  • Crear: crear significa que fagas a páxina ti mesmo, coa recreación dos modelos doutro idioma e traducir as partes variables no teu propio idioma. Se es decente coa codificación, isto fará que aforres tempo e poderás agregarche ao instante sen esperar a ninguén para axudarche.

Solicitar unha páxina de brigadistas[]

  1. Podes atopar á persoa adecuada para solicitar a túa páxina de brigadistas:
  2. Diríxeche a esta persoa co seguinte:
    • Pon o que che gustaría ver na túa páxina de brigadistas — "Ola, quero que fagas a páxina de brigadistas para o idioma ____ ."
    • Dálles as seguintes palabras no teu idioma: "brigadistas" (substantivo plural), "nome"
    • Como "portal en galego", dá o nome do teu portal no teu idioma. Exemplo "portail français".
  3. A continuación, dá a ligazón a dous modelos que comezaren con "WLB-". Tradúceas ao teu idioma. Solicita información adicional se o necesitares - máis vale previr que curar.
  4. Daráseche a ligazón a tres modelos máis; estas son menos urxentes, pero mentres estiveres a esperar resposta, podes traducilos xa.
  5. Daráseche a ligazón á páxina de brigadistas:
    • Se non fixeches o paso anterior, aínda pode haber ligazóns vermellos, pero non te preocupes, non romperá a páxina.
    • A páxina de brigadistas terá "Ethear" nela. Como primeiro membro dese idioma, podes substituír Ethear por ti mesmo e cambiar o estado e/ou o nivel de Babel.
  6. Feito!

Crear a páxina de brigadistas[]

  1. Atopa a abreviatura do teu idioma (código ISO) — pode estar en Project:Languages ou na Wikipedia e asegúrache de que permitimos que se engadirá: ou a Wikia ou a Wikipedia deben soportar o idioma.
  2. Recrea Template:WLB-start/en, Template:WLB-end/en e Template:WLB-user/en no teu propio idioma:
    • Copia e pega os modelos en inglés (ou outro idioma) cos que teñen o sufijo do teu idioma.
    • Traduce as seccións de inglés ao teu idioma e substitúe o nome do idioma polo teu.
    • Asegúrache de ordenalo alfabeticamente baixo o sufijo do teu idioma, e non baixo "en": [[Pagename/en|en]]
  3. Recrea Template:Portalheader/en, Template:Brigadierheader/en e Template:Brigadierfooter/en co sufijo do teu idioma, e tradúceos ao teu idioma.
  4. Ve á páxina de futuros brigadistas do teu idioma:
  5. Recréao co exemplo doutras páxinas de brigadistas:
    • Asegúrache que usa os modelos WLB-start, WLB-end e WLB-user de o teu idioma e non de inglés.
    • Ponche como o primeiro e único membro desta páxina. Se non souberes como facelo, consulta Join.
    • Engade "Brigadiers" como nunha das categorías.
    • A outra categoría: o teu código de idioma en maiúsculas + "portal en (o teu idioma)" no teu idioma.
      Exemplos: "EN-English portal", "FR-portail français", "RU-русский портал"
  6. Publícao!

Tarefas relacionadas[]

Algunhas das tarefas que mellor se deben facer pouco despois da creación da páxina de brigadistas:

  • Crear a páxina de categoría portal de idioma:
  • Crea a categoría principal do teu idioma (e.g. EN-English, ES-español) e categorízalo en Category:Languages.
  • Crea un novo portal do teu idioma con Template:Portal.
Advertisement