Language Brigade Wiki
Advertisement

WLB Gold™ é o terceiro dos tres estados especiais que poderás recibir como brigadista. Poderalo obter logo de obter os estados WLB Bronze™ e WLB Silver™. Estes tres estados significan que es un especial usuario da WLB grande, aínda máis grande que todos os outros (porque todo o mundo é grande ♥).

Bronze (Bronce)[]

Primeiro converterasche nun membro WLB Bronze™ automáticamente logo de cumprir as condicións indicadas a continuación.

Condicións[]

  • Es un brigadista de Idiomas durante polo menos 1 mes
    • Deixar a brigada cancela esta condición
    • Volver unirche reinicia o contador de “1 mes”
  • Tes 50 edicións ou máis no wiki, sen contar os seguintes espazos de nomes:
    • “User:”, “Thread:” e “Board thread:”
    • Calquera espazo de nomes de discusión (“Talk:”, “Template talk:”, …)
  • Completaches ou polo menos contribuíches en gran medida a 1 tradución/corrección
    • Para traducións e correcciones, todas as páxinas de solicitude contan
    • Para traducións, isto inclúe a tradución dun artigo completo ao wiki WLB
  • Fuches activo no wiki durante un ano
    • Acciones no rexistro (por exemplo, cambiar o teu avatar de usuario) tamén contan
    • Unirche ao chat non conta

Concesión[]

WLB Bronze™ serache concedido polo abanderado ou por un administrador, pero concederase a calquera persoa que houber cumprido coas condicións anteriores.

Silver (Prata)[]

Logo de adquirir WLB Bronze™, tes o camiño para WLB Silver™ aberto para ti. WLB Silver™ serache concedido por Josep Maria Roca Peña, o abanderado do wiki.

Condicións[]

  • Es WLB Bronze™ durante polo menos 1 mes e aínda cumpres coas condicións
  • Es un brigadista de Idiomas durante polo menos 3 meses, coas mesmas condicións indicadas anteriormente
  • Tes 100 edicións ou máis no wiki, sen contar os mesmos espazos de nomes indicados anteriormente
  • Completaches ou polo menos contribuíches en gran medida a 1 tradución/corrección, igual que antes

Concesión[]

Cumprir as condicións anteriores non significa que obterás de forma automática WLB Silver™. WLB Silver™ só se concede polo abanderado do wiki, Josep Maria Roca Peña, quen elixe entre os usuarios WLB Bronze™ quen se merece ser un WLB Silver™.

Gold (Ouro)[]

WLB Gold™ só pode ser concedido aos membros WLB Silver™ que son moi destacados ♪ e é concedido por Yatalu.

Condicións[]

  • Es WLB Silver™ durante polo menos 1 mes e aínda cumpres coas condicións
  • Tes 250 edicións ou máis no wiki, sen contar os mesmos espazos de nomes indicados anteriormente
  • Es un excelente usuario que contribúes de xeito constructivo á WLB

Concesión[]

WLB Gold™ só pode ser concedido por Yatalu. Como os WLB Silver™, non necesariamente concederase só mediante o cumprimento das condicións antes mencionadas; ten que considerarse como unha especie de premio á adhesión excepcional e non é un “dereito” unha vez que houberes cumprido as condicións.

Retirada[]

Os teus estados WLB Gold™, Silver™ e Bronze™ seranche retirados nos seguintes casos:

  • Cando romperes as regras do wiki (xulgado caso por caso).
  • Cando xa non cumprires as condicións anteriores (sempre).
  • Cando o usuario WLB Gold™ for bloqueado globalmente (sempre).

Ademais, si atópase que pediches ou insinuaches a concesión de WLB Silver™ ou Gold™, converterasche en non elegible de recibir calquera dos estados.

Advertisement