FANDOM


Os administradores poden protexer e desprotexer páxinas, mesmo aquelas que non foron aínda creadas. A protección dunha páxina ou imaxe xeralmente significa que un usuario que non é administrador non pode modificala.

A maior parte das páxinas dos wikis de Wikia deberían permanecer editables para todos os visitantes e non protexidas. Con todo, algunhas páxinas poden estar temporal ou permanentemente protexidas por razóns legais (por exemplo, os textos da licenza non deberían cambiarse) ou en casos de vandalismo extremo ou guerra de edicións.

Usos Edit

  • Protección de páxinas frecuentemente vandalizadas, como a páxina principal en wikis de gran tamaño.
  • Mantención da integridade do logo do sitio e do favicon.
  • Mantención da integridade dos dereitos de autor e das páxinas da licenza.
  • Previr a creación repetitiva de páxinas vandálicas ou de spam. Ver Títulos protexidos.
  • Protección da interfaz e das mensaxes do sistema no espazo de nomes MediaWiki (estas páxinas están protexidas en forma automática).

A protección temporal utilízase para:

  • Ante unha solicitude, impor un período de “calma” para deter unha “guerra de edicións”.
  • Protexer unha páxina ou imaxe que recentemente foi branco de vandalismo persistente edicións persistentes por un usuario bloqueado.

Non hai necesidade de protexer os .css e .js persoais, como user/monobook.css ou user/cologneblue.js. Só as contas asociadas a esas páxinas (e os administradores) poden editalas (para maiores informacións no uso desas páxinas, podes ver Axuda:Estilo de usuario).

Regras Edit

  1. Non cometas o erro común de protexer páxinas innecesariamente. Por exemplo, non protexas unha páxina simplemente porque é a Portada.
  2. Non edites unha páxina protexida temporalmente, excepto para engadir un aviso explicando que a páxina está protexida.
  3. Non protexas unha páxina na que esteas envolvido nunha disputa de edición. Os poderes de administrador non son privilexios de editor. Os administradores deberían actuar só como axuda de toda a comunidade.
  4. Evita favorecer unha versión do artigo sobre a outra, a menos que unha versión sexa vandalismo.
  5. As páxinas protexidas temporalmente non deberían permanecer nese estado por moito tempo.
  6. As páxinas de discusión e as discusións de usuario non se protexen, excepto en circunstancias extremas.
  7. A protección dunha páxina nunha versión determinada, non significa que se exprese un apoio por esa versión, e os usuarios non deberían solicitar que a versión protexida sexa revertida a unha diferente.
Community content is available under CC-BY-SA unless otherwise noted.