FANDOM


O servidor da conversación de Wikia Internacional é un servizo de chat creado por e para os usuarios da Wikia en todo o mundo. Non está oficialmente afiliado coa Wikia ou coa Brigada de Linguas.

Acceso Edit

  • Tes que usar esta ligazón de invitación para entrar no servidor: https://discord.gg/CWbREjG
  • Podes utilizar o chat nunha pestana do navegador; programas de escritorio e aplicacións de teléfono móbil tamén están dispoñibles.

Identificacións Edit

Cores:

  • Staff: Membros do Staff da Wikia — verificados a través dunha ferramenta de comunicación oficial (Wikia ou Slack)
  • Chanops: os operadores da canle — a maior parte son os Wikia Helpers + Ransom (quen creou o servidor da Comunidade da Wikia)
  • WLB: Brigadistas de Linguas de Wikia — os usuarios que tamén son membros desta wiki
  • Membros: Wikianos — calquera persoa que teña unha conta de usuario na Wikia
    • Para ser membro, tes que pedirllo a un operador de canle e proporcionarache unha ligazón ao teu perfil de usuario da Wikia
    • Se non quixeres compartir quen es na Wikia en público, podes facer o anterior con mensaxes privadas
  • Bots: usuarios non reais :(

Sen cores:

  • QQX: calquera grupo cun código de lingua son persoas que ou ben falan esa lingua, ou que pediron ser engadidos a ese grupo; non hai dereitos adicionais, só para maior claridade
    • Podes pedir a un operador de canle para que che engada unha lingua determinado como a túa identificación, mesmo se non a falas.
    • Podes pedir a un operador de canle para que che elimine unha determinada lingua das túas identificacións, mesmo se fálala.
    • Podes facer ping en calquera usuario por exemplo @en ou @ja, pero non abuses de iso!
  • Mudo: grupo bloqueado de usar #voice porque o utilizan demasiado para conversacións sen voz.

Canles Edit

Canles de texto:

  • En #international, #bots e #voice, permítese calquera lingua.
  • #international pode ser utilizado para calquera conversación xeral.
  • #bots serve para probar e usar os comandos bot ou facer memes.
  • #voice é só de apoio para as persoas que están conectadas a unha canle de voz (Alpha ou Beta).
  • Nas canles específicas dunha lingua, por favor utiliza unicamente esa lingua.
    • Podes pedirlle a @Yatalu#6467 que che engada nunha nova canle de lingua, se falares esa lingua con fluidez.

Canles de voz:

  • Alpha e Beta poden ambos usarse para o chat de voz; despois de conectarche, es libre en comunicar ao grupo #voice a lingua en que as túas conversacións estarán, polo que a xente poderá decidir se quere unirse ou non.
  • Cando estiveres inactivo nunha canle de voz por un tempo, o servidor moverache automaticamente a AFK

Regras Edit

  • Tes que ser amable e respectuoso con todos, novatos ou veteranos, visitante interesado non rexistrado ou da Wikia, verde ou laranxa por igual
  • Tes que evitar unha linguaxe groseira si non é necesario (e é unha regra “obrigatoria” se pídencho os operadores da canle)
  • Deixa un tema se algunhas persoas estiveren incómodos con el
  • Non tes que dominar unha canle cun só tema durante varias horas
  • Non tes que falar de problemas da Wikia en calquera das canles
  • Tes que ser tolerante con outras culturas e costumes, e a xente doutras nacións ou estilos de vida

Tl;dr compórtache e se agradable!

Community content is available under CC-BY-SA unless otherwise noted.