FANDOM


Idiomas:
Small-en Small-be Small-bs Small-ca Small-de Small-el Small-es Small-fr Small-gl Small-he Small-hr Small-it Small-ja Small-kn Small-li Small-mo Small-nl Small-oc Small-pl Small-pt-pt Small-pt-br Small-ro Small-ru Small-sco Small-sr Small-szl Small-trtr Small-val Small-vi Small-uk Small-zh
O sistema babel obtense a partir da páxina Wikipedia: Babel, que define o dominio/nivel das linguas específicas do wiki. No wiki da Brigada de Idiomas es libre para indicar o teu propio nivel para participar, pero podes usar a explicación que hai a continuación como guía.

Ademais da propia elección dun membro do equipo, sempre podes preguntar a alguén para resolver o teu nivel Babel, por medio do libro de visitas ou o muro de mensaxes dun administrador. Isto faise para que os niveis de babel sexan coherentes cos nosos usuarios e sexan máis representativas das persoas que teñen unha solicitude de traducción ou corrección.

Babel-0 Babel-1 Babel-2 Babel-3 Babel-4 Babel-5 Babel-N

Babel nivel 0Editar

Babel-0
  • Non falas esta lingua.
  • Non es hábil o suficiente para o Babel nivel 1.

Nota: a non ser que un tradutor da lingua non estea presente, non tes que poñer o teu nome con babel = 0 en w:Template:WLB.

Babel nivel 1Editar

Babel-1
  • Tes un coñecemento básico desta lingua.
  • Cando estás a ler un artigo, entendes o contexto/a idea básica.
  • Es capaz de transmitir unha mensaxe e responder a preguntas sinxelas.
  • Non es capaz de escribir artigos axeitados nesta lingua.

Babel nivel 2Editar

Babel-2
  • Tes unha boa comprensión e vocabulario decente.
  • Entendes a idea básica e unha cantidade considerable de información do artigo.
  • Podes escribir nesta lingua, aínda que se cadra podes cometer erros de gramática, ortografía e sintaxe.
  • Poderías ter dificultade para escribir un estilo enciclopédico.
  • Podes traducir a maioría dos artigos para a túa lingua, coa axuda dun dicionario, cando sexa necesario.

Babel nivel 3Editar

Babel-3
  • Tes unha linguaxe fluente.
  • Entendes termos non técnicos, sen moito esforzo.
  • Podes facer un erro lixeiro de gramática, ortografía e sintaxe.
  • Regularmente non entendes coloquialismos e expresións idiomáticas (a menos que uses estas expresións con frecuencia)
  • Podes escribir artigos enciclopédicos.

Babel nivel 4Editar

Babel-4
  • O teu dominio desta lingua é semellante ao dun nativo.
  • Raramente (ou nunca) cometes erros de gramática, ortografia e sintaxe.
  • Poderías non entender un coloquialismo.
  • Non precisas dun dicionario, mais non comprendes algúns artigos técnicos.

Babel nivel 5Editar

Babel-5
  • Tes un alto dominio ademais de comprender a linguaxe técnica.
  • Utilizas esta lingua na túa profesión (es intérprete, tradutor, profesor…).

Nota: é bastante probable que che pidan se isto é lexítimo, se indicares este nivel de babel.

Babel nivel NEditar

Babel-N
  • Es un falante nativo desta lingua.
  • Tes un coñecemento profundo desta lingua, incluíndo expresións coloquiais e expresións idiomáticas.
  • Utilizas/utilizaches a lingua todos os días.

Comezar un debate Conversas sobre "Babel"

  • Babel U

    4 mensaxes
    • {{Babel|szl|U}}
    • Hi! I'm sorry, but we follow Wikipedia's babel system and therefore can't add any additional babel levels that Wikipedia does ...
  • Babel 5

    3 mensaxes
    • I agree with you!
    • Though I may not be doing translations often (or at all currently), this is a great point. I would think that the word choice...
Community content is available under CC-BY-SA unless otherwise noted.