O sistema babel obtense a partir da páxina Wikipedia: Babel, que define o dominio/nivel das linguas específicas do wiki. No wiki da Brigada de Idiomas es libre para indicar o teu propio nivel para participar, pero podes usar a explicación que hai a continuación como guía.
Ademais da propia elección dun membro do equipo, sempre podes preguntar a alguén para resolver o teu nivel Babel, por medio do libro de visitas ou o muro de mensaxes dun administrador. Isto faise para que os niveis de babel sexan coherentes cos nosos usuarios e sexan máis representativas das persoas que teñen unha solicitude de traducción ou corrección.
Babel nivel 0[]
- Non falas esta lingua.
- Non es hábil o suficiente para o Babel nivel 1.
Nota: a non ser que un tradutor da lingua non estea presente, non tes que poñer o teu nome con babel = 0
en w:Template:WLB.
Babel nivel 1[]
- Tes un coñecemento básico desta lingua.
- Cando estás a ler un artigo, entendes o contexto/a idea básica.
- Es capaz de transmitir unha mensaxe e responder a preguntas sinxelas.
- Non es capaz de escribir artigos axeitados nesta lingua.
Babel nivel 2[]
- Tes unha boa comprensión e vocabulario decente.
- Entendes a idea básica e unha cantidade considerable de información do artigo.
- Podes escribir nesta lingua, aínda que se cadra podes cometer erros de gramática, ortografía e sintaxe.
- Poderías ter dificultade para escribir un estilo enciclopédico.
- Podes traducir a maioría dos artigos para a túa lingua, coa axuda dun dicionario, cando sexa necesario.
Babel nivel 3[]
- Tes unha linguaxe fluente.
- Entendes termos non técnicos, sen moito esforzo.
- Podes facer un erro lixeiro de gramática, ortografía e sintaxe.
- Regularmente non entendes coloquialismos e expresións idiomáticas (a menos que uses estas expresións con frecuencia)
- Podes escribir artigos enciclopédicos.
Babel nivel 4[]
- O teu dominio desta lingua é semellante ao dun nativo.
- Raramente (ou nunca) cometes erros de gramática, ortografia e sintaxe.
- Poderías non entender un coloquialismo.
- Non precisas dun dicionario, mais non comprendes algúns artigos técnicos.
Babel nivel 5[]
- Tes un alto dominio ademais de comprender a linguaxe técnica.
- Utilizas esta lingua na túa profesión (es intérprete, tradutor, profesor…).
Nota: é bastante probable que che pidan se isto é lexítimo, se indicares este nivel de babel.
Babel nivel N[]
- Es un falante nativo desta lingua.
- Tes un coñecemento profundo desta lingua, incluíndo expresións coloquiais e expresións idiomáticas.
- Utilizas/utilizaches a lingua todos os días.